martes, 26 de marzo de 2019

NOTICIA

O presidente de México "López Obrador" pide ó rei de España que se disculpe pola conquista de México.


FONTES DE INFORMACIÓN:
Antena tres noticias, TVG, Telecinco, La voz de Galicia, etc...

RESUME:
O presidente Mexicano "López Obrador" enviou unha carta ó monarca Felipe VI e outra ó Papa Francisco para que España pida perdón aos pobos orixinais de México polos abusos cometidos na conquista española ca espada e ca cruz de hai 500 anos.

OPINIÓN:
Eu penso que España nin ningún outro país nin o Vaticano teñen que  pedir desculpas por algo así e menos se ocorreu hai 500 anos. Ademais se España por aquela época o Imperio Español non houbera conquistado esa zona nin México nin López Obrador existirían. 
E López esta esixindo algo que non ten que ver con el. E por último,  que non se queixe porque os países que estiveron en dominio Británico o pasaron moito peor.

venres, 22 de marzo de 2019

Xogos estratexia segunda guerra mundial top 2

Ola de novo queridos espectadores! 

NUMERO 1: Men of war assault squat 2.

Este xogo ten unha xogabilidade  moi boa,  a información de cada unidade está moi ben organizada, os controis ó principio poden ser un pouco complicados pero logo acostúmaste. A campaña está dividida segundo o país que imos controlar (todos os que participaron no conflito).
O modo multixogador é igual ao modo campaña e ao modo single player, as batallas poden ser de 1 contra 1 ata 8 contra 8. Os gráficos para hoxe en día son moi antigos, aínda así non están nada mal.
O valor histórico e o realismo son bos xa que, por exemplo, respétase nos tanques a velocidade e as armas para cada nación son as mesmas que na vida real, etc...
O modo single player é o mellor que vin, podes poñer un limite de unidades, podes crear o teu propio mapa e podes escoller se loitar contra a IA (intelixencia artificial) ou controlar ti os dous bandos.

NUMERO 2: Company of Heroes 2.

A xogabilidade deste xogo é baixa debido a que non ten tantas opcións como o xogo mencionado anteriormente debido a que non tes certas opcións como xestionar o inventario que leva a infantería.
A campaña deste xogo está dividida nas dúas frontes europeas (a fronte occidental e a fronte oriental). O malo é que para ter as dúas tes que pagar un extra moi grande, asemade algo que o diferenza do xogo anterior é que está visto dende o punto de vista dun xeneral, e iso fai que sentamos o mesmo que sente el. O multixogador é máis restrinxido xa que o máximo de xogadores é de 4 non de 8 como no xogo anterior. Os gráficos son moito mellores que os do xogo anterior pero porque este é máis novo que o anterior. Este tamén respecta os valores históricos pero como algunhas unidades teñen vida lle quita ese valor de realismo. Este modo é moi sinxelo, so podes escoller o número de tropas, o mapa, o número de unidades e o bando.

Men of assault squat 2: Demegagames.com 


A miña primeira entrada

Ola queridos espectadores!


Eu son Alejandro Castro Olveira e este blog vai estar adicado ós mellores xogos de estratexia de guerra. Estes van  clasificados segundo as épocas nas que ocorren, valorando a xogabilidade, a campaña (se a ten), o modo multixogador, os gráficos, o valor histórico e o modo single player.