venres, 12 de abril de 2019

Call of War e Supremacy

Ola queridos espectadores!

Hoxe vou falar de dous videoxogos moi parecidos o Call of  War e o Supremacy.

Ambos son xogos on line no que somos o principal gobernante dun país e temos que desenvolver o país económica e militarmente. Para gañar a partida o xogador ten que conquistar o resto de países.
DIFERENZAS:
Call of War: Este xogo ambiéntase na segunda guerra mundial. Haberá que investigar as distintas unidades (da segunda guerra mundial) para logo poder producilas nas distintas provincias.
Supremacy: Este xogo está ambientado na primeira guerra mundial. Neste haberá que empezar a invadir para poder abastecer a teus cidadáns e soldados de recursos, tamén aparecen 25 unidades de infantería en cada provincial que haberá que apoiar con outro tipo de unidades (da primeira guerra mundial) que produciremos nas distintas provincias.
COUSAS EN COMÚN:
Teñen uns sistemas e gráficos idénticos. Teñen moita variación no tema de tipos de xogos. Hai dous tipos de partidas e alianzas.

Supremacy 1914:

                               De www.gamertelligence.com 

Call of war 1942:

                                De www.gamingnews24h.com

War thunder

War Thunder videoxogo bo con moitos erros.

Este videoxogo podería chegar a moito pero debido a os erros da compañía Gaijin queda moi mal.

É un xogo online no que nós controlamos un avión, un vehículo ou un buque (da segunda guerra mundial e a guerra fría) e xunto co noso equipo temos que destruír a todos os inimigos. Tamén temos certos obxetivos en cada partida como capturar zonas. O que fai o xogo tan popular é que ten moito realismo e moita xogabilidade.
Pero debido  a que o creador ten erros como que o novo contido do xogo este mal, non fagan o que a comunidade lles pides e o conocido como "Russian Bias" entre os xogadores consiste en que a Unión Soviética, Rusia para os amigos, teña que ter sempre o mellor porque se a Unión Soviética non ten o mellor, non se mete no xogo. Vos preguntaredes por que Rusia e non outro país? Sencillo porque o creador é ruso.

A seguinte imaxe é de warthunder.com.


xoves, 4 de abril de 2019

NOTICIA 2

UNHA ESPAÑOLA DE 19 ANOS CREA UN DISPOSITIVO PARA PREVIR A MORTE SÚBITA EN BEBÉS LACTANTES 


Fontes de información:


Resume da noticia:

Iria Ollero, unha moza galega abraiada polo número de falecementos por morte súbita, ideou un dispositivo capaz de detectar factores de risco por morte súbita. Cunha cámara controla a posición do bebé, a presión do seu corpo e que a súa temperatura corporal sexan as correctas. Xa hai varias empresas interesadas neste sistema e Iria xa recolleu varios premios. O prezo deste dispositivo é de 150 euros.

Opinión crítica:

Parece impresionante este dispositivo porque a morte é moi traumática para unha familia e aínda que este sistema non elimina a morte súbita axuda aos país a ter unha maior prevención. Tamén penso que tiñan que baixar o seu prezo.