sábado, 8 de xuño de 2019

hearts of iron 4

Ola queridos espectadores!

Hoxe vou falar do videoxogo "Hearts of iron IV."


Hearts of iron IV é un videoxogo de estratexia ambientado na segunda guerra mundial no que nós temos que levar o noso país  á vitoria,  que é a conquista do mundo.

Este videoxogo é moi parecido ó Call of War,  o que pasa é que é moito máis complexo. Estas son as cousas que o  fixeron máis popular e que non sexa free to play:

1.Ten un sistema máis realista na produción de unidades xa que, no momento de ordenar que unha cidade ou provincia que faga algo, por exemplo un tanque, e cando remate mandarlle facer outra cousa podes escoller o número de fábricas (ou estaleiros se son buques) que se poñan a producir algo, por exemplo armas sen parar.

2.As investigacións van por anos e non por niveis, isto fai que a cronoloxía do conflito sea máis realista.

3.Podes facer que as tropas avancen elas soas, só tes que mandarlles que avancen ata certo punto e elas soas o fan.

4.Podes facer que os países cambien, por exemplo, en vez de que sexa a Unión Soviética podes cambialo para que sexa o Imperio Ruso.

5.As provincias son moito máis pequenas facendo que sexa mais difícil invadilo. 

6.Podes escoller se queres empezar no ano 1936 ou no 1939.


7. Podes cambiar o paso do tempo segundo queiras poñelo en tempo real rápido ou paralo.
Hearts of iron IV é un videoxogo de estratexia ambientado na segunda guerra mundial no que nos temos que levar a noso país cara a vitoria que e a conquista do mundo.


Aquí me despido moitas grazas. 

                                          De rpgcodex.net

Total Tank Simulator

Ola queridos espectadores!


Hoxe vou falar do videoxogo "Total Tank Simulator."

Este é un xogo no que somos un xeneral que ten que posicionar as tropas  escollidas e darlle  ordes simples para gañar a batalla. Deste non vou poder falar moito xa que é moi sinxelo.


Hai pouco modificáronno e xa podes ir comprado as tropas, investigalas antes da batalla e, incluso na batalla, controlar unha das túas unidades. Antes só podías poñelas no campo de batalla, e o peor de todo,  é que eran malísimas. Mentres as túas tropas tirábanse de cabeza ás minas e non daban ni unha, as inimigas daban todas e ían ben organizadas, así que cando chegabas ó nivel catro era imposible gañar.



Aquí me despido ata outro día e moitas grazas.




                                          De store.steampowered.com

Napoleon Total war

Ola queridos espectadores! 

Hoxe vou falar do videoxogo "Napoleón:Total war."

Este xogo está inspirado no século XIX (19), concretamente desde a época da revolución francesa ata a derrota de Napoleón na batalla de Waterloo (1789-1815). Seremos o governante dun país; por exemplo,  se collemos Francia seremos Napoleón. Cada nación ten o seu obxetivo no modo campaña.
Na campaña de Francia teremos que acabar cas revoltas en España é acabar co Imperio Ruso; e se collemos Inglatera teremos que axudar ós rebeldes españois e acabar con Francia.

É parte da saga "Total War", asi que, ten as mesmas mecánicas da saga. O que cambia é algún control, por exemplo, cando o Total war é dalgúnha época na que había armas a distancia, podemos disparar ou atacar corpo a corpo.

De www.gamespot.com:


Empire Total War

Ola queridos espectadores! 

Hoxe vou falar do videoxogo "Empire Total War".

Este xogo esta basado na época antes da Revolución Francesa no que temos que opter a dominación mundial a través do exército. Foi un dos xogos máis recomendados da saga "Total War" debido a que a inmersión no tema da estratexia era moito mellor, e implementáronse as batallas navais,  pero,  a mala calidade da intelixencia artificial e o complicado que era manexar os buques nas batallas, fixeron que a súa puntuación baixase.

Este xogo foi o antecesor doutro xogo máis popular da saga "Napoleón Total War." Para min estos dous xogos son os mellores que houbo en todo Total War. 

E aquí remato. Fálobaos prontiño. Deica logo.

De www.3djuegos.com:


domingo, 2 de xuño de 2019

Noticia


COMENZA A TERCEIRA GUERRA MUNDIAL



EEUU declara a guerra a China e ambos bandos chaman en armas ós seus aliados.



Onte ás sete da tarde, despois dun ataque terrorista, levado a cabo por uns nacionalistas chinos, coa explosión dunha bomba contra a central de Google en EEUU na que morren 14 persoas, a embaixada estadounidense en Pekin, entrega a Xi Jinping a declaración de guerra. Instantaneamente, despois da declaración de guerra, ambas potencias chamaron en armas ós seus aliados.



Os terroristas declararon que levaron a cabo este atentado porque Google non permite que China acceda a actualizacións de android. Ao parecer fixéronse pasar por empregados de Google falsificando unhas tarxetas de identificación.



Na declaración de guerra hai un apartado no que se establece que ningún dos países belixerantes poden utilizar o seu armamento nuclear. Tamén prohibe o uso de armas químicas e biolóxicas. Por último tamén prohibe as torturas como interrogatorio, asasinato de prisioneiros de guerra, ataques á poboación civil, etc,..



Todas as nacións a nivel mundial, chaman á tregua e ó diálogo entre os dous países. Noruega quere facer de intermediario e convoca unha reunión inmediata cos presidentes de ambos países.



Aínda non hai resposta de ningún dos belixerantes e tampouco hai noticias de se houbo algún ataque. Todos os aliados dos dous belixerantes coinciden e non intervir e intentar rematar a guerra canto antes.


Esta imaxe e de públicogt.com