sábado, 8 de xuño de 2019

hearts of iron 4

Ola queridos espectadores!

Hoxe vou falar do videoxogo "Hearts of iron IV."


Hearts of iron IV é un videoxogo de estratexia ambientado na segunda guerra mundial no que nós temos que levar o noso país  á vitoria,  que é a conquista do mundo.

Este videoxogo é moi parecido ó Call of War,  o que pasa é que é moito máis complexo. Estas son as cousas que o  fixeron máis popular e que non sexa free to play:

1.Ten un sistema máis realista na produción de unidades xa que, no momento de ordenar que unha cidade ou provincia que faga algo, por exemplo un tanque, e cando remate mandarlle facer outra cousa podes escoller o número de fábricas (ou estaleiros se son buques) que se poñan a producir algo, por exemplo armas sen parar.

2.As investigacións van por anos e non por niveis, isto fai que a cronoloxía do conflito sea máis realista.

3.Podes facer que as tropas avancen elas soas, só tes que mandarlles que avancen ata certo punto e elas soas o fan.

4.Podes facer que os países cambien, por exemplo, en vez de que sexa a Unión Soviética podes cambialo para que sexa o Imperio Ruso.

5.As provincias son moito máis pequenas facendo que sexa mais difícil invadilo. 

6.Podes escoller se queres empezar no ano 1936 ou no 1939.


7. Podes cambiar o paso do tempo segundo queiras poñelo en tempo real rápido ou paralo.
Hearts of iron IV é un videoxogo de estratexia ambientado na segunda guerra mundial no que nos temos que levar a noso país cara a vitoria que e a conquista do mundo.


Aquí me despido moitas grazas. 

                                          De rpgcodex.net

Ningún comentario:

Publicar un comentario