domingo, 2 de xuño de 2019

Noticia


COMENZA A TERCEIRA GUERRA MUNDIAL



EEUU declara a guerra a China e ambos bandos chaman en armas ós seus aliados.



Onte ás sete da tarde, despois dun ataque terrorista, levado a cabo por uns nacionalistas chinos, coa explosión dunha bomba contra a central de Google en EEUU na que morren 14 persoas, a embaixada estadounidense en Pekin, entrega a Xi Jinping a declaración de guerra. Instantaneamente, despois da declaración de guerra, ambas potencias chamaron en armas ós seus aliados.



Os terroristas declararon que levaron a cabo este atentado porque Google non permite que China acceda a actualizacións de android. Ao parecer fixéronse pasar por empregados de Google falsificando unhas tarxetas de identificación.



Na declaración de guerra hai un apartado no que se establece que ningún dos países belixerantes poden utilizar o seu armamento nuclear. Tamén prohibe o uso de armas químicas e biolóxicas. Por último tamén prohibe as torturas como interrogatorio, asasinato de prisioneiros de guerra, ataques á poboación civil, etc,..



Todas as nacións a nivel mundial, chaman á tregua e ó diálogo entre os dous países. Noruega quere facer de intermediario e convoca unha reunión inmediata cos presidentes de ambos países.



Aínda non hai resposta de ningún dos belixerantes e tampouco hai noticias de se houbo algún ataque. Todos os aliados dos dous belixerantes coinciden e non intervir e intentar rematar a guerra canto antes.


Esta imaxe e de públicogt.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario